É difícil apresentar A muller de Gilles ao lector sen recorrer aos tópicos que tanto abundan nas contracapas. Deberiamos dicir que, publicada no 1937 nunha poderosa editora, recebeu críticas moi favorábeis (merecidas neste caso, e non debidas á importancia da editora), mais a Guerra Mundial e a humildade da autora contribuíron para que fose durante moito tempo unha obra descoñecida mesmo no mundo francófono. Con todo, continuou a ser lida e desfr...