A nova e agardada novela de Suso de Toro, despois da grande acollida de Calzados Lola, Non volvas recupera a historia dunha muller que abandona a súa vida na cidade reclamada polo seu pasado e volve ao lugar que lle está prohibido, a aldea da súa infancia onde súa nai lle pediu que non volvese. Fóra da súa vida e fóra do tempo pisa con paso fantasmal un lugar de sombras, unha aldea maldita, para desvelar os misterios da súa orixe. A xustiza pola ...