¿Estaremos volvéndonos cretinos? ¿Ímonos cruzar de brazos diante da arañeira do tedio? ¿Renegaremos de nós mesmos como seres humanos? ¿Conformarémonos con ser unha desfeita? ¿Non pensamos berrar nunca? Daquela, ¿xa estaremos mortos?Denís, o personaxe central desta novela, quere escachizar o mundo aínda que isto sexa un simple divertimento, un acto do absurdo, mais un acto contra a estreiteza mental, contra a hipocrisía dos cautos, contra as almas...