O que aquí se conta son historias compostas no entreveramento da realidade dos feitos e dos ficticios personaxes que o autor foi imaxinando, concentrándose as mesmas na vida deses emigrantes que noutrora tiveron que saír do país a outras zonas e terras, moitas veces distantes do fogar. Así, podería dicirse que este libro nada é máis do que unha sucesión de aconteceres e vivencias de xentes que por ventura naceron polas nove aldeas que forman part...