"...íNon os coñecerei eu que ando a fozar nas cloacas todo o día! E mentres, estes pasan o tempo cruzados de brazos no paso de cebra e mirando para a outra beira. Présa, présa, íque présa van ter, ho! Se tivesen présa non ían andando, présa teñen eses que pasan caghando hostias e aínda por enriba estes queren que os paremos. A cruzar os brazos á lista do paro, caghendiós, como fagho eu cando xa non hai máis merda que revolver, aínda que se é por ...