"Todas as vidas" recrea relatos de soñadores, perdedores, persoas frustradas ou de aspirantes á revolución. Son un monllo de vidas que abanean entre o marabilloso e o absurdo, vidas intensas que petan con forza á nosa beira. Un exlexionario fantasía con tempos felices sobre os areais de Melilla; un aspirante a estrela do boxeo combate sobre o ring dunha Detroit moi doméstica; a raíña, a piques de ser destronada, escríbelle compulsivamente ao seu ...