Non che digo que o seu era o de colgarse? ?A las cinco de latarde subía con toda la muerte a cuestas?? ao faiado. Á horados touros! Aquilino era forte como un boi. Mentres a xente deidade durmía a sesta, el colgábase un tempiño, até que quedabaa gusto e conseguía botar fóra ese aquel que un leva nasentrañas, que che proe por dentro como un bicho, xa saben aque me refiro. Porque para colgarse ten que darche un chisgarabísou un rauto como vulgarmen...